jueves, 7 de mayo de 2020

FELIZ XOVES FORMIGAS

ESPERO QUE ESTEADES AVANZANDO MOITO COS NÚMEROS E VOS GUSTE CONTINUAR FACENDO EXPERIMENTOS CON ELES E SEGUIR AVANZANDO NA SERIE NUMÉRICA ATA ONDE VÓS QUEIRADES.
HOXE IMOS A REINTERPRETAR OS NÚMEROS E OS DINOSAURIOS. IMOS A TRABALLALOS DOUTRA MANEIRA QUE PODE RESULTAR IGUAL DE DIVERTIDO E NOS VAI TER ENTRETIDOS UN BO ANACO.
EU PROPOÑO FACER PUZZLES COA SERIE NUMÉRICA PARA AFIANZALA E PODER AVANZAR NELA, É DICIR, PODEMOS FACER PUZZLES DE POUCAS PEZAS E POLO TANTO POUCOS NÚMEROS E IR COMPLICÁNDOOS CADA VEZ MÁIS. AQUÍ VOS DEIXO UN EXEMPLO DE PUZZLE COA SERIE NUMÉRICA DO 1 AO 10 PERO PODEDES COMEZAR POR FACELOS MÁIS SINXELOS. COMASEMPRE VOS DIGO, PODEDES IMPRIMIR O MODELO OU BUSCAR MÁIS POLA INTERNET OU PODEDES FACELO CUN DEBUXO QUE ELES FAGAN DE DINOSAURIOS E VÓS LLE AXUDADES COA SERIE NUMÉRICA. AGARDO QUE DENTRO DE POUCOS DÍAS TEÑA ALGÚN DESTES PUZZLES NO CORREO E VER O BEN QUE OS PASASTES.

DE TODOS MODOS NON ESQUEZADES PRACTICAR A ESCRITURA TANTO DAS LETRAS COMO DOS NÚMEROS, XA QUE A MELLORA DA GRAFOMOTRICIDADE NOS VAI A AXUDAR A MELLORAR EN TODOS ESTES ASPECTOS.

POR OUTRA BANDA, HOXE QUERÍA FALARVOS DE COUSIÑAS QUE TAMÉN TRABALLAMOS NA AULA E NO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL COMO É A RELAXACIÓN. HAI MOMENTOS AO LONGO DA XORNADA ESCOLAR NOS QUE ESTAMOS MÁIS ACTIVOS E EXCITADOS E UNHA VOLTA Á CALMA PODE SER COMPLICADA SE NON SE TRABALLA DE FORMA DIVERTIDA. PARA ESTO EMPREGAMOS UN POCO DE IOGA, E SEN SER AÍNDA EXPERTOS, SÍ QUE NOS INICIAMOS EN RUTINAS DE RELAXACIÓN BASADAS NO IOGA PARA CONSEGUIR VOLTAR Á CALMA. AQUÍ VOS DEIXO UN VÍDEO QUE EMPREGAMOS NA AULA PARA ESTE MOMENTO QUE VOS ACABO DE EXPLICAR E QUE OS NENOS/AS XA TEÑEN PRACTICADO. ANÍMOVOS A TODOS A RELAXARVOS UN POUCO JEJE... 



É CURIOSO VER COMO ENTRE COMPAÑEIROS ESTAMOS CONECTADOS SEN QUERELO PORQUE A PROFE AIDA E AS CURUXAS TAMÉN FIXERON REFERENCIA A ESTO NA SÚA BLOGUE ONTE E ATA QUE BUSQUEI O VÍDEO NON ME DERA CONTA JAJAJA... É UN PRACER COMPARTIR ANDANZAS CON COMPAÑEIRAS DE PROFESIÓN ASÍ. 

FALANDO DOUTRA COUSA, AQUÍ DEIXO MÁIS TRABALLIÑOS DE DINOSAURIOS E NÚMEROS POR SE QUEREDES CONTINUAR TRABALLANDO ARREO.






ATA MAÑÁN FORMIGAS




No hay comentarios:

Publicar un comentario