miércoles, 6 de mayo de 2020

BOAS A TODOS, ¿QUÉ TAL ESTADES FORMIGAS?

HOXE MÉRCORES IMOS A CONTINUAR CON CONCEPTOS NUMÉRICOS QUE TANTO NOS GUSTAN. ÍMOLO FACER CON OVOS, SI SI, CON OVOS. O PRIMEIRO DE DEBEDES FACER É PENSAR QUE ANIMAIS NACEN DENTRO DUN OVO, ESCRIBILO CON AXUDA E MANDALO Á DIRECCIÓN DESTA BLOGUE PARA VER CANTOS ANIMAIS COÑECEDES. EU VOU A DAR UNHA PISTA E UN DOS ANIMAIS PODE SER OS QUE LEVAMOS TRABALLANDO TODA ESTA SEMANA CON ELES. ¿QUÉ ANIMAIS SERÁN?
POIS CON OVOS IMOS A TRABALLAR HOXE O PENSAMENTO LÓXICO-MATEMÁTICO, EN CONCRETO O CONTEO, E A ASOCIACIÓN DE NÚMERO E CANTIDADE. PARA ISO PODEDES IMPRIMIR AS TARXETAS QUE MÁIS ABAIXO VOS DEIXO OU EMPREGAR UNHA CARTOLINA DAS CORES QUE QUIERADES. DEBEDES RECORTAR OS OVOS UNHA VEZ FEITOS OU IMPRESOS E RELACIONAR O NÚMERO COA CANTIDADE CORRESPONDENTE. EU DEIXO AQUÍ DOUS MODELOS DE OVOS PERO VÓS PODEDES FACELO CON OUTRO MODELO E COAS FORMAS QUE MÁIS VOS GUSTEN. LEMBRADE QUE PODEDES ENVIAR TODOS OS TRABALLOS QUE FAGADES AO CORREO ELECTRÓNICO DESTA BLOGUE.



E SE QUEDASTES CON GANAS DE MÁIS DINOSAURIOS AQUÍ VOS DEIXO MÁIS PARA QUE POIDADES SEGUIR XOGANDO CON ELES E COS NÚMEROS.



E PARA REMATAR HOXE, OUTRO QUE NON SE ESQUECE DE VÓS É O PROFE ALEX QUE NOS PON A NOTA MUSICAL DE HOXE, ASÍ QUE XA SABEDES, A CANTAR E BAILAR.




ATA MAÑÁN FORMIGAS


No hay comentarios:

Publicar un comentario