miércoles, 13 de mayo de 2020

BOAS A TODAS AS FORMIGAS, FELIZ MÉRCORES

HOXE QUERO FALARVOS DUNHA DATA IMPORTANTE QUE SE  APROXIMA COMA É O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. DENTRO DA NÓSA AULA SEMPRE TRABALLAMOS AO ESCRITOR HOMENAXEADO DENDE UNHA PERSPECTIVA SINXELA. FALAMOS DA SÚA PROFESIÓN, ONDE NACEU... E TRABALLAMOS ALGO DA SÚA OBRA ADAPTANDO OS CONTIDOS Á NÓSA AULA. POIS ISO ÍMOLO FACER ESTES DÍAS TAMÉN.
O ESCRITOR HOMENAXEADO É RICARDO CARVALHO CALERO, QUE NACEU EN FERROL EN 1910 E QUE ENTRE OUTROS MOITOS ESTUDOS, EXERCEU DE MESTRE DURANTE ANOS.
UNHA DAS SÚAS OBRAS QUE IMOS A TRABALLAR ESTES DÍAS É "AS PITAS BAIXO A CHOIVA", QUE É UN RELATO BREVE QUE NARRA UN FEITO ANECDÓTICO DA INFANCIA DO AUTOR. DESCOBRE O NENO DESDE A FIESTRA DA CASA QUE AS PITAS ESTANSE A MOLLAR E EL TÉNTAAS FACER ENTRAR Ó GALIÑEIRO, ELAS ASUSTÁNSE E, AO FINAL, TODOS OS MEMBROS DA FAMLIA ACABAN MOLLADOS COMO PITOS.



AQUÍ VOS DEIXO DIFERENTES ACTIVIDADES PARA O CONTO QUE A COORDINADORA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA NO NÓSO COLE RECOPILOU.

- CONTO PARA LER:

- CONTO MUSICADO.

- CONTO EN VÍDEO:

E CAMBIANDO A OUTRA COUSA TAMÉN VOS DEIXO PARA HOXE UNHA SERIE DE ACTIVIDADES PARA A DESTREZA ÓCULO-MANUAL QUE PODEMOS FACER DIRECTAMENTE NO ORDENADOR OU NA TABLET E RELACIONADAS COA LÓXICO-MATEMÁTICA, CON VOCABULARIO DE ANIMAIS, FROITAS... AGARDO QUE VOS GUSTE.


Unir, una ficha interactiva de estebanfernandez
liveworksheets.com

Unir, una ficha interactiva de estebanfernandez
liveworksheets.com

Unir, una ficha interactiva de estebanfernandez
liveworksheets.com


ATA MAÑÁN FORMIGAS, BICOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario