martes, 12 de mayo de 2020

BOAS FORMIGAS, FELIZ MARTES.

HOXE TEÑO UN NOVO RETO PARA VÓS. IMOS A TRABALLAR AS SERIES OU SERIACIÓNS, QUE SON UN RECURSO ESTUPENDO PARA DESENVOLVER O RAZONAMENTO LÓXICO E NOS PERMITEN FAMILIARIZARNOS COAS RELACIÓNS DE ORDE ENTRE ELEMENTOS DUN CONXUNTO.
SERÁN DOUS EXERCICIOS NOS QUE TAMÉN TRABALLAREMOS AO SEU REDOR DOUTRAS COUSAS.

1º EXERCICIO

- PREGUNTAR AOS NENOS/AS EN QUÉ ESTACIÓN DO ANO ESTAMOS E SE ACERTAN BUSCAREMOS A PALABRA "PRIMAVERA" NA IMAXE E DEBERÁN ESCRIBILA IDENTIFICANDO E NOMEANDO CADA LETRA DESA PALABRA.
- IDENTIFICAR E NOMEAR OS ELEMENTOS QUE APARECEN NA IMAXEN PARA TRABALLAR O VOCABULARIO (ABELLA, COGUMELO, XOANIÑA...).
- COLOCAR NA ORDE CORRECTA CADA SERIE ATA O FINAL.


2º EXERCICIO

- IDENTIFICAR AS FORMAS XEOMÉTRICAS QUE APARECEN NA IMAXE E ESCRIBIR 1 OU 2 EN PAPEL, IDENTIFICANDO CADA LETRA.
- DISCRIMINAR E NOMEAR TODAS AS CORES QUE APARECEN NAS DIFERENTES FORMAS XEOMÉTRICAS.
- REALIZAR CADA SERIE COA FORMA QUE NOS INDICA.



DESPOIS DE TRABALLAR BEN DURO SEGURO QUE MERECEDES UNHA BOA SESIÓN DE CONTO, AQUÍ VOS DEIXO UN, AGARDO QUE VOS GUSTE.



ATA MAÑÁN FORMIGAS

1 comentario: