jueves, 30 de abril de 2020

FELIZ XOVES FORMIGAS

HOXE IMOS A CONTINUAR XOGANDO E APRENDENDO COAS LETRAS DO ABECEDARIO CUN XOGO PARA FACER CON AXUDA, E UN TRABALLO PARA O PERFECCIONAMENTO E RECOÑECEMENTO  DAS VOGAIS.
O XOGO CO ABECEDARIO TRÁTASE DE FACER UNHA PLANTILLA CON TODAS AS LETRAS DO ABECEDARIO E BUSCAR POLA CASA TAPAS OU TAPÓNS DE ENVASES BALEIROS E ESCRIBIR CUN ROTULADOR PERMANENTE UNHA LETRA EN CADA TAPÓN.
MÁIS OU MENOS COMO AS DAS IMAXES OU VÍDEO, AÍNDA QUE PODEDES DECORALO COMO MÁIS VOS GUSTE E USAR AS CORES E MATERIAIS QUE TEÑADES NA CASA.



CON ESTE ABECEDARIO PODEDES FACER MOITOS XOGOS. O QUE VOS PROPOÑO EU É DARLLE A VOLTA A TODOS OS TAPÓNS E IR LEVANTANSO DE 1 EN 1, IDENTIFICAR A LETRA, DICIR DE CAL SE TRATA EN VOZ ALTA E COLOCALA ENRIBA DA CORRESPONDENTE. PERO HAI MOITAS MÁIS POSIBLIDADES.


E PARA REFORZAR O COÑECEMENTO E USO DAS VOGAIS, AQUÍ VOS DEIXO OUTRO TRABALLIÑO QUE VOS VAI VIR FANTÁSTICO E PARA O QUE PRECISAREMOS AXUDA. NAS PALABRAS QUE IMOS A FORMAR FALTAN AS VOGAIS, POLO QUE A PERSOA QUE NOS AXUDE DEBERÁ DICIR O NOME DA IMAXE QUE QUEREMOS ESCRIBIR PARA QUE OS NENOS DE FORMA FONÉTICA DISCRIMINEN A VOGAL QUE TENEMOS QUE ESCRIBIR, FACENDO A VOGAL MÁIS ALONGADA CO FIN DE QUE LLES RESULTE MÁIS DOADO AOS NENOS/AS. AQUÍ VOS DEIXO UN MONTÓN. EXEMPLO: (MONO) = MOOOOOO... NOOOOOO..



E PARA REMATAR DÉIXOVOS UN CONTO PARAVER E ESCOITAR, SSSSHHHHH  XA VEREDES COMO VOS GUSTA.




ATA O VINDEIRO LUNS FORMIGAS 




No hay comentarios:

Publicar un comentario