BOS DÍAS FORMIGAS.
HOXE DEIXOVOS PARA COMEZAR UNHA DAS CANCIÓNS QUE CANTAMOS NA CLASE CANDO O NOSO ENCARGADO NOS DI O TEMPO QUE FAI E O COLOCA NO PANEL DO CALENDARIO. CANTADE BEN ALTO EHHH, A VER SE A CHOIVA SE VAI RÁPIDO.
HOXE PROPOÑO SEGUIR TRABALLANDO A LATERALIDADE EN FORMA DE XOGO PORQUE O MOVEMENTO É INSTRUMENTO FUNDAMENTAL PARA A NÓSA APRENDEZAXE. TRÁTASE DA REINTERPRETACIÓN DUN XOGO QUE SEGURO QUE OS VÓSOS PAPÁS XA COÑECEN, O TWISTER.
A REINTERPRETACIÓN CONSISTE EN FACER MANS DEREITAS E ESQUERDAS DE DIFERENTES CORES (NUNHA TELA, NUNS PRATOS DE CARTÓN ...), FACER UN TIRADOR CUNHA FRECHA E AS CORES AO REDOR DA FRECHA, E EN VEZ DE DIVIDIR O TIRADOR EN 4 PARTES CON PES E MANS DEREITAS E ESQUERDAS, FARÉMOLO DIVIDINDO O TIRADOR Á METADE E POÑENDO SOAMENTE MANS DEREITAS E MANS ESQUERDAS.
A TIRADOR DA IMAXE DE ARRIBA ESTÁ POSTA A MODO DE EXEMPLO PERO VÓS DEBEDES FACELO SÓ CON MANS.
AGARDO QUE PASEDES UN BO ANACO XUNTOS. E LEMBRADE, CANTOS MÁIS SEXAMOS NO XOGO MÁIS DIVERTIDO SERÁ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario