martes, 28 de abril de 2020

 BOAS DE NOVO FORMIGAS. FELIZ MARTES.

HOXE QUERO QUE CONTINUEMOS CON COUSAS RELACIONADAS COA LECTO ESCRITURA, PERO CUNHA ACTIVIDADE QUE NOS PODE LEVAR TEMPO PERO QUE PODEREMOS EMPREGAR EN MOITAS OCASIÓNS. COMO MOITOS DESTES TRABALLOS NON OS PODEDES IMPRIMIR E DEBELES FACELOS VÓS EN PAPEL, HOXE IMOS A FABRICAR UN "ENCERADO" MOI DIVERTIDO E CHEO DE CORES. TRÁTASE DUNHA MANUALIDADE CON AZUCRE E COLORANTE ALIMENTARIO QUE IMOS A TEÑIR E QUE POSTERIORMENTE IMOS A EMPREGAR PARA FACER TRAZOS E PODER ESCRIBIR AS LETRAS DE TODO O ABECEDARIO.
AQUÍ VOS DEIXO UN VÍDEO ONDE VOS EXPLICA 3 OPCIÓNS PARA PINTAR OU TEÑIR O AZUCRE.


CANDO TEÑAMOS TODO LISTO DEBEREMOS ATOPAR UNHA CAIXA OU BANDEXA ONDE PODER VERTER O AZUCRE E PODER COMEZAR A XOGAR CO ABECEDARIO. AQUÍ UN EXEMPLO DO QUE DEBEMOS CONSEGUIR.



PODEMOS COMEZAR TENDO UN ABECEDARIO DIANTE E QUE IDENTIFIQUEN PRIMEIRO A LETRA E DESPOIS QUE A ESCRIBAN. DEBEDES OBSERVAR SE COLLE DE FORMA CORRECTA O LÁPIZ, ROTULADOR, PAU... XA QUE DEBEMOS IR CORREXINDO AS COSTUMES QUE ALGÚN TEN PARA ESCRIBIR DE XEITO MÁIS SEGURO, INDICÁNDOLLE COMO DEBE COLLELO E PODER ADQUIRIR UNA MOTRICIDADE FINA PERFECTA.

E PARA REMATAR, A SECCIÓN DE CONTO DE HOXE ESTÁ AMENIZADA E SUXERIDA POLO MESTRE ALEX, QUE AQUÍ VOS DEIXA ESTE CONTO QUE AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.



ATA MAÑÁ FORMIGAS


1 comentario:

  1. A Carmen encantoulle, fixémolo con azucar e colorante alimenticio. Ó día seguinte utilizouno para xogar ás "comiditas" e quedáronlle as mans azuis e estaba encantada... Non as quería lavar😂😂😂🤦

    ResponderEliminar