BOAS, AGARDO QUE VOS ESTÉ GUSTANDO O QUE VOS PROPOÑO PARA ESTA SEMANA. COMO SEGUIMOS COA LATERALIDADE, HOXE IMOS FACER UN DEBUXO PARA TRABALLAR ALGO RELACIONADO COA LATERALIDADE, A SIMETRÍA. IMOS FACELO A TRAVÉS DUNS DEBUXOS SINXELOS QUE DESPOIS PODEN COLOREAR E DECORAR COMO MÁIS LLES GUSTE A CADA UNHA DAS FORMIGAS. AQUÍ OS DEIXO.
UNHA VEZ REMATADO OS DEBUXOS PODEDES RECORTALOS POLA LÍNEA QUE DIVIDE O CENTRO DA SIMETRÍA E TRABALLAR AS PARTES ESQUERDAS E DEREITAS. PODEDES POÑERLLE EN CADA LADO A LETRA "E" E A LETRA "D" PARA AXUDARLLES A RELACIONAR A ESQUERDA E A DEREITA E TRABALLAMOS TAMÉN A LECTOESCRITURA.
SE DESPOIS DISTO QUEREDES SEGUIR CON ALGO ASÍ, DEIXO MÁIS EXEMPLOS AQUÍ ABAIXO.
E PARA REMATAR DUN XEITO DIVERTIDO, MELLOR POÑERLLE MÚSICA A TODO ESTE TRABALLO PARA MOVERNOS AO RITMO DESTA CANCIÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario