jueves, 12 de noviembre de 2020

 BOS DÍAS FORMIGAS, FELIZ XOVES.

HOXE IMOS ADICAR ESTA ENTRADA NO BLOG ÁS CORES. IMOS A FACELO DE VARIAS FORMAS NA QUE TAMÉN TRABALLAREMOS OUTRAS HABILIDADES E ASPECTOS IMPORTANTES DA ETAPA EDUCATIVA NA QUE NOS ATOPAMOS.

AS CORES DAN MOITO XOGO XA QUE A TODOS NOS GUSTAN E FORMAN PARTE DE TODO O QUE NOS RODEA. DE FEITO PODEN CONTRBUIR A UN ESTADO DE ÁNIMO OU OUTRO E PODEMOS CONSEGUIR ESTADOS DE CALMA OU ENERXÍA COAS CORES A TRAVÉS DA CHAMADA COLORTERAPIA.

AS CORES NON TEÑEN SEXO NIN VALORES ASOCIADOS A IDENTIDADE DE XÉNERO, DEBEMOS DESTERRAR A IDEA DE ESTEREOTIPAR CORES E ASOCIALOS A DETERMINADOS SEXOS OU LIMITAR ACTIVIDADES RELACIONADAS CON CORES QUE POR NORMAS TRADICIONAIS SE ASOCIABAN A DETERMINADO SEXO. AS CORES SON DIVERSIÓN PINTEMOS ONDE PINTEMOS, SON LUZ, SON ENERXÍA, SON ESTADOS DE ÁNIMO, SON COMUNICACIÓN; POLO QUE NUNCA DEBEMOS DIRIXIR NIN LIMITAR A CREATIVIDADE CON ESTEREOTIPOS QUE TODOS DEBEMOS IR SUPERANDO.

IMOS COMEZAR CUNHA ACTIVIDADE USANDO AS CORES PARA TRABALLAR A ORIENTACIÓN ESPACIAL, ASPECTO MOI IMPORTANTE NESTA ETAPA, XA QUE A CONCIENCIA DO ESPACIO SUPÓN SABER MANEXARSE NEL E USALO AO SEU GUSTO.



NA SEGUINTE ACTIVIDADE IMOS USAR A ORIENTACIÓN ESPACIAL PARA DISTRIBUIR CORES SEGUINDO UN PATRÓN, QUE NESTE CASO SERÁ POR FORMA E COR NA SEGUINTE TÁBOA:



NESTA VINCEIRA ACTIVIDADE TAMÉN IMOS USAR AS CORES E A ORIENTACIÓN ESPACIAL SEGUINDO UN PATRÓN DE COR E FORMA PARA COMPLETAR UNHA BOLBORETA, E QUE PODE SERVIRNOS DE IDEA PARA ELABORAR A QUE MENCIONAMOS NA ACTIVIDADE DE ONTE PARA CONMEMORAR O 25 DE NOVEMBRO.

Figura, una ficha interactiva de COLEGIOGOLDENCOAST
liveworksheets.com

E POR ÚLTIMO, OS XOGOS QUE FAREMOS HOXE TAMÉN ESTÁN RELACIONADOS COAS CORES. NOS DOUS PRIMEIROS, USAREMOS AS CORES PARA TRABALLAR A LECTOESCRITURA A ASOCIAREMOS AS CORES COA GRAFÍA CORRESPONDENTE.
PODE QUE NOS LEVE UN POUCO DE TEMPO PERO NON IMPORTA.




ESTE DERRADEIRO XOGO, É UN REINTERPRETACIÓN DO XOGO DAS TOUPEIRAS PERO USANDO CORES COMO ELEMENTO MOTIVADOR. ESTADE BEN ATENTOS E A XOGAAAAAARRRR...




ATA MAÑÁN FORMIGAS, BICOS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario