BOS DÍAS FORMIGAS,¿ QUÉ TAL A FIN DE SEMANA?
XA É LUNS E ESTASMOS DE VOLTA PARA CONTINUAR APRENDENDO COUSAS MENTRAS NOS DIVERTIMOS.HOXE TRAIO OUTRO EXPERIMENTO BEN SINXELO QUE SEGURO QUE NOS ENTRETÉN UN MONTÓN E DESCUBRIDES MÁIS COUSAS SOBRE AS CORES. ESTE ESPERIMENTO CHÁMASE: O DISCO DE NEWTON.
O DISCO DE NEWTON: Trátase dun dispositivo inventado por Isaac Newton e que consiste nun círculo con sectores de varias cores (vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, morado e violeta), que ao xirar rápidamente, as cores combínanse formando a cor branca.
Para facer este disco precisamos en CD vello, unha moeda, un cúter, pegamento, un papel e pinturas ou rotuladores. Debuxa un círculo dividido en sete cores sobre o papel, píntaos e pégao sobre o CD. Tamén podes descargar esta plantilla, imprimila e pegala no CD. Tamén podes facer variacións de cores e formas para ver os efectos do movemento.
Con este aparato podemos mostrar aos nenos que a cor branca está formada polos sete cores do arco de vella e que a cor negra é a ausencia de todas as cores. Se xiramos o disco con suficiente velocidade as cores confúndense, debido á persistencia das imaxes na retina e o disco verase de cor branca.
AGARDO QUE VOS GUSTE E QUE CONSIGADES DESCUBRIR QUE COR PREDOMINA A MOITA VELOCIDADE!!!!
E SE QUEREDES SEGUIR DIVERTÍNDOVOS AQUÍ DEIXO UNS TRABALLIÑOS PARA XOGAR COAS CORES:
Los colores y las frutas, una ficha interactiva de KMoreno
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Pecesitos, una ficha interactiva de 46042600
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Los colores con el Ratón EF, una ficha interactiva de Ratonelk
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Los colores - escucha y arrastra, una ficha interactiva de aog320
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Mariposas de colores, una ficha interactiva de arantxacolecamarma
liveworksheets.com
liveworksheets.com
E POR HOXE XA ME DESPIDO COA RECOMENDACIÓN DE CONTO QUE A CONTINUACIÓN DEIXO.
ATA MAÑÁN FORMIGAS
Grazas profeee. Pola miña parte decir que paréceme interesantísimo o que nos contas para eles. Un bicazo de parte de Aro
ResponderEliminarNada me alegra máis que vós e so nenos estadeades contentos co que se propón neste blog. Bicos para Aro, muakkkk...
EliminarHoxe descubrín que na tablet moito mellor as fichas, no movil mézclasenos todo🤣
ResponderEliminarTanto no ordenador como na tablet moito mellor que no teléfono, xa que pode que os formatos saian diferentes.
EliminarGraciñas.
ResponderEliminar