BOS DÍAS FORMIGAS
CHEGOU ESE DÍA DE FINAL DE CURSO NO QUE TODOS ESTARIAMOS MOI CONTENTOS POLAS VACACIÓNS DE VERÁN E FARIAMOS UNHA FESTA NO COLE PARA CELEBRALO. CELEBRAR O PRIMEIRO ANO NO COLE DE REBOREDA, O PRIMEIRO ANO CO PROFE ESTEBAN, O PRIMEIRO ANO NO QUE COMPARTIR COUSAS CUN GRUPO DE NENOS E NENAS NOVO.... UN PRIMEIRO ANOS DE MOITAS COUSAS QUE UNHA PANDEMIA NOS OBRIGOU A POSPOÑER, A DEIXAR MOITAS COUSAS DE LADO PAR PODER MANTERNOS CON SAÚDE.
PERO POR SORTE QUÉDANNOS MOITAS EXPERIENCIAS POR VIVIR E AQUÍ ESTAREMOS EN SETEMBRO PARA COLLER AS MESMAS GANAS QUE TIÑAMOS DE APRENDER XUNTOS, DIVERTIRNOS XUNTOS, COMPARTIR XUNTOS, XOGAR XUNTOS E QUERERNOS XUNTOS.
QUERO DAR AS GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS DAS FORMIGAS POR TODO O TRABALLO QUE DENDE AS SÚAS CASAS FIXESTES E FACEDES CON ELES PORQUE TEDES UNS FILLOS/AS XENIALES COS QUE DA GUSTO TRABALLAR TODOS OS DÍAS.
HOXE NON HAI ACTIVIDADES NIN TRABALLOS NIN NADA, SOAMENTE UN REGALO: VER UN POUQUIÑO DO QUE FOI O PASO, POR ESTE BREVE CURSO, DAS FORMIGAS.
UN BICO BEN GRANDE PARA TODOS, BO VERÁN.