miércoles, 16 de diciembre de 2020

 BOS DÍAS, ESTE SEMANA ESTAMOS A VER NA AULA TODO O TRABALLO QUE TODOS OS NENOS/AS DO COLE ESTAMOS A FACER EM RELACIÓN AO PROXECTO DE CENTRO (O CAMBIO CLIMÁTICO).

ONTE TODO O COLE PUIDO VER O QUE FIXERON AS FORMIGAS, ASÍ QUE XA O DEIXO POR AQUÍ PARA QUE POIDADES VER TODO O QUE ESTAMOS A APRENDER CO PROXECTO DE CENTRO DE ESTE CURSO.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE MOITO.

ATA OUTRA.



viernes, 13 de noviembre de 2020

 BOS DÍAS FORMIGAS:

XA ESTAMOS A VENRES, REMATANDO A SEMANA. XA VIN QUE ALGÚNS DE VÓS  TEDES A VÓSA BOLBORETA REMATADA, QUE GUSTO VER QUE SODES TAN TRABALLADORES E QUE DESFRUTADES FACENDO COUSAS COMA ESTA. ESTOU DESEXANDO VELAS NA CLASE E QUE ME CONTEDES TODO O PROCESO.

HOXE QUERO ADICAR UNHAS ACTIVIDADES ÁS ADIVIÑAS, NA AULA DAS FORMIGAS AS EMPREGAMOS MOITAS VECES NO MEDIO DA SESIÓN PARA DAR COHERENCIA AO TRABALLO QUE IMOS A FACER E PORQUE RESULTA UNHA MANEIRA FANTÁSTICA DE FOMENTAR A ESCOITA ACTIVA E A REFLEXIÓN E PENSAMENTO LÓXICO. NON SEMPRE DAMOS COA SOLUCIÓN PERO A TRAVÉS DE PISTAS CHEGAMOS A ADIVIÑAR SEMPRE. 

É IMPORTANTE FAMILIARIZARSE CON DIFERENTES FORMAS DE EXPRESIÓN NA QUE O EMISOR FAGA PENSAR AO RECEPTOR NUNHA SOLUCIÓN A TRAVÉS DUNHA LINGUAXE DIFERENTE COMO SON AS ADIVIÑAS, OS XOGOS DE PISTAS, ETC.

PROBADE A FACER ESTAS ADIVIÑAS CON ELES E, SE QUEREDES, PODEDES INVENTAR OUTRAS A APRENDELAS PARA PODER ADIVIÑALAS NA CLASE.


Adivinanzas, una ficha interactiva de MiriamGA20
liveworksheets.com
Adivinanza, una ficha interactiva de Mariajose_86
liveworksheets.com
Adivina, adivinanza 2, una ficha interactiva de Mian
liveworksheets.com

SE LEMBRADES ONTE FALAMOS MOITO DAS CORES E FIXESTES MOITAS COUSAS CON ELES. POIS HOXE, IMOS A ESCOITAR E VER UN CONTO QUE TEN QUE VER MOITO COAS CORES E A DIVERSIDADE, ESA QUE NOS FAI ACEPTAR QUE TODOS SOMOS DIFERENTES E IGUAIS AO MESMO TEMPO, SEN IMPORTAR A APARIENCIA FÍSICA OU A NÓSA FORMA DE PENSAR.
AQUÍ VOS DEIXO O CONTO DE ELMER E UNHA ACTIVIDADE NA QUE ELMER E AS CORES SE XUNTAN. QUE VOS DIVIRTADES.






Decora a Elmer, una ficha interactiva de aprendeyjuega
liveworksheets.com


ATA O LUNS FORMIGAS, UN BICO!!

jueves, 12 de noviembre de 2020

 BOS DÍAS FORMIGAS, FELIZ XOVES.

HOXE IMOS ADICAR ESTA ENTRADA NO BLOG ÁS CORES. IMOS A FACELO DE VARIAS FORMAS NA QUE TAMÉN TRABALLAREMOS OUTRAS HABILIDADES E ASPECTOS IMPORTANTES DA ETAPA EDUCATIVA NA QUE NOS ATOPAMOS.

AS CORES DAN MOITO XOGO XA QUE A TODOS NOS GUSTAN E FORMAN PARTE DE TODO O QUE NOS RODEA. DE FEITO PODEN CONTRBUIR A UN ESTADO DE ÁNIMO OU OUTRO E PODEMOS CONSEGUIR ESTADOS DE CALMA OU ENERXÍA COAS CORES A TRAVÉS DA CHAMADA COLORTERAPIA.

AS CORES NON TEÑEN SEXO NIN VALORES ASOCIADOS A IDENTIDADE DE XÉNERO, DEBEMOS DESTERRAR A IDEA DE ESTEREOTIPAR CORES E ASOCIALOS A DETERMINADOS SEXOS OU LIMITAR ACTIVIDADES RELACIONADAS CON CORES QUE POR NORMAS TRADICIONAIS SE ASOCIABAN A DETERMINADO SEXO. AS CORES SON DIVERSIÓN PINTEMOS ONDE PINTEMOS, SON LUZ, SON ENERXÍA, SON ESTADOS DE ÁNIMO, SON COMUNICACIÓN; POLO QUE NUNCA DEBEMOS DIRIXIR NIN LIMITAR A CREATIVIDADE CON ESTEREOTIPOS QUE TODOS DEBEMOS IR SUPERANDO.

IMOS COMEZAR CUNHA ACTIVIDADE USANDO AS CORES PARA TRABALLAR A ORIENTACIÓN ESPACIAL, ASPECTO MOI IMPORTANTE NESTA ETAPA, XA QUE A CONCIENCIA DO ESPACIO SUPÓN SABER MANEXARSE NEL E USALO AO SEU GUSTO.



NA SEGUINTE ACTIVIDADE IMOS USAR A ORIENTACIÓN ESPACIAL PARA DISTRIBUIR CORES SEGUINDO UN PATRÓN, QUE NESTE CASO SERÁ POR FORMA E COR NA SEGUINTE TÁBOA:



NESTA VINCEIRA ACTIVIDADE TAMÉN IMOS USAR AS CORES E A ORIENTACIÓN ESPACIAL SEGUINDO UN PATRÓN DE COR E FORMA PARA COMPLETAR UNHA BOLBORETA, E QUE PODE SERVIRNOS DE IDEA PARA ELABORAR A QUE MENCIONAMOS NA ACTIVIDADE DE ONTE PARA CONMEMORAR O 25 DE NOVEMBRO.

Figura, una ficha interactiva de COLEGIOGOLDENCOAST
liveworksheets.com

E POR ÚLTIMO, OS XOGOS QUE FAREMOS HOXE TAMÉN ESTÁN RELACIONADOS COAS CORES. NOS DOUS PRIMEIROS, USAREMOS AS CORES PARA TRABALLAR A LECTOESCRITURA A ASOCIAREMOS AS CORES COA GRAFÍA CORRESPONDENTE.
PODE QUE NOS LEVE UN POUCO DE TEMPO PERO NON IMPORTA.




ESTE DERRADEIRO XOGO, É UN REINTERPRETACIÓN DO XOGO DAS TOUPEIRAS PERO USANDO CORES COMO ELEMENTO MOTIVADOR. ESTADE BEN ATENTOS E A XOGAAAAAARRRR...




ATA MAÑÁN FORMIGAS, BICOS!!

miércoles, 11 de noviembre de 2020

 BOAS DE NOVO FORMIGAS, SE XA FIXESTES O CALENDARIO HOXE SABEREDES QUE É MÉRCORES E ISO SIGNIFICA QUE QUEDA MENOS PARA PODER VERNOS DE NOVO.

HOXE IMOS ADICAR AS ACTIVIDADES A UN TEMA QUE A GUSTA MOITO NA AULA, OS MEDIOS DE TRANSPORTE.

TRABALLAREMOS CON ELES A DISTRIBUCIÓN ESPACIAL, A ATENCIÓN, O MOVEMENTO...MIRADE!!!!!!


¿Cuantos hay?, una ficha interactiva de cbotana
liveworksheets.com

O VINDEIRO 25 DE NOVEMBRO É O DÍA INTERNACIONAL PARA ELIMINAR A VIOLENCIA CONTRA A MULLER E DENDE O NÓSO COLE QUEREMOS COLABORAR ACTIVAMENTE NESTA CONMEMORACIÓN. OLLADE ESTE TEXTO QUE APARACE A CONTINUACIÓN:
 A PARTIR DESTA HISTORIA E O POSTERIOR TRABALLO DE INFOMACIÓN E TRATAMENTO DESA INFORMACIÓN, NACE UNHA ACTIVIDADE NA QUE CADA NENA/O DEBE FACER UNHA BOLBORETA COA TÉCNICA PLÁSTICA QUE DECIDA E QUE FORMARÁ PARTE DUNHA EXPOSICIÓN.
ESTA ACTIVIDADE XA SE ESTÁ A FACER DENTRO DAS AULAS PERO COMA A AULA DAS FORMIGAS ESTAMOS NA CASA, QUERO PROPOÑER QUE FAGADES ESTA ACTIVIDADE CON ELES E QUE DEIXEDES VOAR A IMAXINACIÓN E CREAR UNHA BOLBORETA QUE REPRESENTE A LIBERDADE DAS MULLERES E A NON VIOLENCIA POLO FEITO DE SER MULLER.

ESTES SON ALGÚNS EXEMPLOS :





REPITO QUE ESTES SOAMENTE SON EXEMPLOS E VÓS PODESDES CREAR UNHA COMPLETAMENTE DIFERENTE. O TRABALLO QUE FAGADES DEBEREDES MANDALO O VINDEIRO LUNS, CANDO NOS INCORPOREMOS AO COLE.

PARA REMATAR DEIXO UN XOGO DUN MEDIO DE TRANSPORTE QUE SEGURO QUE A ALGUNHA FORMIGA LLE GUSTARÁ FACER.



ATA MAÑÁN FORMIGAS, BICOS!!!


martes, 10 de noviembre de 2020

BOS DÍAS FORMIGAS, ¿QUÉ TAL FOI COAS ACTIVIDADES DE ONTE? AGARDO QUE FOSE DIVERTIDO E QUE BAILARADES MOITO.

HOXE TRAIO MÁIS, ASI QUE SEGUIREMOS CON XOGOS E ACTIVIDADES RELACIONADAS COA LECTOESCCRITURA, CONTOS E MÚSICA. 

COMEZAMOS CUNHA ACTIVIDADE QUE XA TEMOS FEITO NA CLASE CON FROITOS E COUSAS DO OUTONO, PERO NESTE CASO SERÁN MEDIOS DE TRANSPORTE. SON PUZZLES QUE AXUDAN A ORGANIZAR ESTRUCTURAS LÓXICAS E AVANZAR NO PROCESO LECTOR.

Robavocales, una ficha interactiva de soniaporto
liveworksheets.com

A VECES OS XOGOS DE TODA A VIDA SEGUEN TENDO ALGO QUE NOS GUSTA E ESTE QUE DEIXO A CONTINUACIÓN É UN DELES. É O CLÁSICO XOGO DO "AFORCADO" PARA QUE OS NENOS PRACTIQUEN A LECTOESCRITURA DUN XEITO DIVERTIDO. NA CLASE XA TEMOS XOGADO UN PAR DE VECES E GRAN GRUPO E FUNCIONOU. ESPERO QUE PASEDES UN BO ANACO CON ÉL.



OUTRO DOS CONTOS QUE MÁIS NOS GUSTA DOS QUE LEVAMOS LIDOS NO COLE É COCORICO. UNHA FERMOSA HISTORIA QUE LLES ENCANTA DRAMATIZAR E QUE NOS ENCANTA ESCOITAR. POR ESTES MOTIVOS AQUÍ O DEIXO PARA QUE O ESCOITEDES PERO TAMÉN PARA QUE O BAILEDES, QUE O BAILE O CURATIVO DE MOITOS MALES E NOS DEIXA COMO NOVOS/AS.





E CON ESTO NOS DESPEDIMOS ATA MAÑÁN FORMIGAS

MOITOS BICOS


lunes, 9 de noviembre de 2020

 BOS DÍAS FORMIGAS, QUEDA MENOS PARA VOLTAR A ESTAR XUNTOS XA QUE AS BOAS NÓVAS VAN CHEGANDO.

MENTRAS TANTO IMOS A TRABALLAR CON XOGOS E FICHAS RELACIONADAS COS LECTOESCRITURA PARA SEGUIR ESE RITMO TAN BO DE TRABALLO QUE TIÑAMOS NA AULA. NON ESQUEZADES QUE TRABALLAMOS COAS LETRAS MAIÚSCULAS, PERO QUE PODEMOS IR IDENTIFICANDO TAMÉN AS MINÚSCULAS.



COMO XA LLE ADICAMOS UN BO ANACO Á LECTOESCRITURA, IMOS FACER UNS XOGOS RELACIONADOS COA LÓXICO-MATEMÁTICA, IDENTIFICANDO NÚMEROS E XOGANDO CON ELES.DALLE DURO!!!



E PARA DESPEDIRNOS POR HOXE AQUÍ DEIXO UN DOS CONTOS QUE MÁIS NOS GUSTA CONTAR, VER, CANTAR E BAILAR NA CLASE. 


A AGORA TOCA BAILAR!!



ATA MAÑÁN FORMIGAS. MOITOS BICOS!!



viernes, 6 de noviembre de 2020

BOS DÍAS, CHEGAMOS A VENRES E CONTINUAMOS DEIXANDO POR AQUÍ RECURSOS PARA QUE POIDADES FACER NA CASA E SEGUIR DIVERTÍNDOVOS.

TODOS OS CALENDARIOS QUE FAGADES EN FORMATO PAPEL PODEDES GARDALOS E MANDALOS AO COLE CANDO VOLTEMOS Á "NORMALIDADE", ASÍ EXPOÑÉMOLOS NA ASAMBLEA E GARDÁMOLOS NO CASILLEIRO.


¡Ya llega el otoño!, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com
Otoño, una ficha interactiva de COLEGIOGOLDENCOAST
liveworksheets.com




AGARDO QUE PASEDES UN BO ANACO XOGANDO SÓS OU EN BOA COMPAÑIA.


BICOS PARA TODOS 

 




jueves, 5 de noviembre de 2020

BOS DÍAS, AQUÍ ESTAMOS FORMIGAS. SIGO Á ESPERA DE SABER SE TODOS ESTADES BEN. PODEDES COMUNICARMO A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO SE ASÍ O DESEXADES.

HOXE QUERO DEIXARVOS, ENTRE OUTRAS COUSAS, O CALENDARIO QUE FACEMOS TODOS OS DÍAS NA CLASE E QUE PODEREDES FACER TAMÉN POR AQUÍ. ESTÁ PREPARADO PARA A DATA DE HOXE, PERO É INTERESANTE QUE O FAGADES NA CASA TODOS OS DÍAS E EN VERSIÓN PAPEL, PARA QUE OS NENOS NON DEIXEN DE PERFECCIONAR A ESCRITURA E A LECTURA. CON ESTO NON QUERO DICIR QUE DEBADES IMPRIMIR ESTE CALENSARIO, XA QUE PODEDES DEBUXALO CON ELES E FACER QUE O CALENDARIO TEÑA UN EXTRA DE MOTIVACIÓN E SIGNIFICATIVIDADE.

POR OUTRA BANDA, TAMÉN DEIXO MÁIS COUSIÑAS PARA FACER E DIVERTIRVOS.


Escribe, una ficha interactiva de estebanfernandez
liveworksheets.com
Otoño, una ficha interactiva de BEATRIZ_76
liveworksheets.com
Otoño, una ficha interactiva de Almu_cs
liveworksheets.com

E POR ÚLTIMO ESTE XOGO PARA PRACTICAR A SERIE NUMÉRICA DE O 1 ATA 5.


MOITOS BICOS FORMIGAS


miércoles, 4 de noviembre de 2020

ACTIVIDADES DE AULA

 NESTA NOVA ENTRADA NO BLOG VOU A DEIXAR ACTIVIDADES QUE ESTAMOS A TRABALLAR NA AULA. DENTRO DAS DATAS DE SAMÁIN E MAGOSTO ESTABAMOS A TRABALLAR O OUTONO COMO NÚCLEO MOTIVADOR, E POR ISO, VAMOS A FACER ALGUNHAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO OUTONO. 

AGARDO QUE VOS GUSTEN E VOS DIVIRTAN.

Conceptos de otoño, una ficha interactiva de AnaisCM
liveworksheets.com

TAMÉN DEIXO ALGÓN XOGO RELACIONADO COA TEMÁTICA.
SAÚDOS


BOS DÍAS FORMIGAS, AGARDO QUE TODOS/AS ESTEADES BEN E QUE ESTA SITUACIÓN SEXA MOMENTÁNEA. SEGURO QUE PRONTO VOLTAREMOS Á NÓSA AULA E SEGUIR COAS RUTINAS QUE TANTO NOS GUSTAN E QUE TAN NECESARIAS SON.

NESAS RUTINAS DIARIAS ESTÁ O CALENDARIO, AXUDA A ACHEGAR AOS NENOS/AS A O CONCEPTO DE TEMPO COS DÍAS DA SEMANA, MES, ANO, ESTACIÓN E TEMPO. TAMÉN ACHEGA Á LECTOESCRITURA E Á DECODIFICACIÓN DE SÍLABAS A PALABRAS. 

AQUÍ DEIXO UNHA ACTIVIDADE SIMILAR Á QUE FACEMOS TODOS OS DÍAS NO INICIO DA XORNADA ESCOLAR PARA QUE PRACTIQUEDES NA CASA. ANIMO A FACELO TODOS OS DÍAS EN VERSIÓN PAPEL E LÁPIZ, XA QUE AS TICS ESTÁN FENOMENAL PERO IGUAL DE IMPORTANTE É QUE FAGAMOS ESTE TIPO DE ACTIVIDADES EN PAPEL. O DESEÑO QUE ELIXADES NON É IMPORTANTE PERO SÍ O CONTIDO. 
TODOS OS TRABALLOS QUE VAIAMOS FACENDO ESTES DÍAS PODEDES MANDALOS CANDO NOS VOLVAMOS A INCORPORAR Á AULA E PODER EXPOÑELOS NA ASAMBLEA QUE FACEMOS. 

VAMOS ALÁ.


(O CALENDARIO QUE FACEMOS NA AULA ESSTÁ EN GALEGO PERO CANDO RECUPERE O ARCHIVO POÑEREINO POR AQUÍ E ESTE SOAMENTE SERVIRÁ COMO EXEMPLO)

TAMÉN DEIXO A  CANCIÓN QUE EMPREGAMOS PARA SABER EN QUE DÍA DA SEMANA ESTAMOS E POR GUIARNOS POLOS CONCEPTOS DE ANTES E DESPOIS, ONTE, HOXE E MAÑÁ...


IREI POÑENDO MÁIS COUSIÑAS AO LONGO DESTES DÍAS, ATENTOS!! 

MOITOS BICOS PARA TODOS/AS.


miércoles, 9 de septiembre de 2020

XA ESTAMOS DE VOLTA. COMEZAMOS.

 


BENVIDOS A UN NOVO CURSO ESCOLAR, MAÑÁ COMEZAMOS EN HORARIO HABITUAL DE 08:45 A 13:45 HORAS.

LEMBRADE QUE AS NORMAS A SEGUIR SON IMPORTANTES PARA O CUMPRIMENTO DO PROTOCOLO ESTABLECIDO POLO CENTRO E AS PORTAS DE ACCESO DEBERÁN SER AS QUE CONSTAN NESE PROTOCOLO.

PARA O PRIMEIRO DÍA NON VOS ESQUEZADES DE MANDAR AOS NENOS CON MÁSCARA POSTA, O MANDILÓN, A BOLSA DE TEA COA MERENDA, UNHA BOTELLA DE AUGA E A MÁSCARA DE REPOSTO NO SEU ESTOXO CORRESPONDENTE PARA DEIXAR NO CENTRO (SÓ SE EMPREGARÍA NO CASO DE QUE A QUE TRAE POSTA DA CASA SE CONTAMINASDE OU SE FAGA UN MAL USO DA MESMA).

LEMBRAR TAMÉN PARA TODAS AS NAIS/PAIS QUE O TEMA DAS MÁSCARAS O CENTRO RECOMENDA O USO DE MÁSCARAS HOMOLOGADAS, SEXAN DE TELA OU QUIRÚRXICAS, PERO NON É OBRIGATORIO. REPITO, O CENTRO RECOMENDA PERO NON OBRIGA.

AQUÍ DEIXO TAMÉN O HORARIO DA AULA PARA QUE SAIBADES A DISTRIBUCIÓN DA XORNADA E AS ESPECIALIALIDADES QUE TEÑEN CADA DÍA.






viernes, 19 de junio de 2020

BOS DÍAS FORMIGAS

CHEGOU ESE DÍA DE FINAL DE CURSO NO QUE TODOS ESTARIAMOS MOI CONTENTOS POLAS VACACIÓNS DE VERÁN E FARIAMOS UNHA FESTA NO COLE PARA CELEBRALO. CELEBRAR O PRIMEIRO ANO NO COLE DE REBOREDA, O PRIMEIRO ANO CO PROFE ESTEBAN, O PRIMEIRO ANO NO QUE COMPARTIR COUSAS CUN GRUPO DE NENOS E NENAS NOVO.... UN PRIMEIRO ANOS DE MOITAS COUSAS QUE UNHA PANDEMIA NOS OBRIGOU A POSPOÑER, A DEIXAR MOITAS COUSAS DE LADO PAR PODER MANTERNOS CON SAÚDE.

PERO POR SORTE QUÉDANNOS MOITAS EXPERIENCIAS POR VIVIR E AQUÍ ESTAREMOS EN SETEMBRO PARA COLLER AS MESMAS GANAS QUE TIÑAMOS DE APRENDER XUNTOS, DIVERTIRNOS XUNTOS, COMPARTIR XUNTOS, XOGAR XUNTOS E QUERERNOS XUNTOS.

QUERO DAR AS GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS DAS FORMIGAS POR TODO O TRABALLO QUE DENDE AS SÚAS CASAS FIXESTES E FACEDES CON ELES PORQUE TEDES UNS FILLOS/AS XENIALES COS QUE DA GUSTO TRABALLAR TODOS OS DÍAS. 

HOXE NON HAI ACTIVIDADES NIN TRABALLOS NIN NADA, SOAMENTE UN REGALO: VER UN POUQUIÑO DO QUE FOI O PASO, POR ESTE BREVE CURSO, DAS FORMIGAS.

UN BICO BEN GRANDE PARA TODOS, BO VERÁN.


jueves, 18 de junio de 2020

BOAS, XA ESTOU DE NOVO POR AQUÍ PARA DEIXARVOS COUSAS QUE AS FORMIGAS NOS VAN MANDANDO PARA TODOS E TODAS.

POLO QUE LEO ESTA PARTE DE ACTIVIDADES RELACIONADAS COA ARTE ESTÁN DANDO MOITO XOGO E VOS ESTÁ GUSTANDO MOITO, ASI QUE NON DEIXEDES DE FACELO BUSCANDO OBRAS DE ARTE QUE VOS POIDAN INSPIRAR OU DEIXANDO VOAR A VÓSA IMIXINACIÓN PARA CREAR AS VÓSAS PROPIAS.
AQUÍ DEIXO AS CREACIÓNS DE CARMEN COA OBRA DE PUNTILLISMO E TAMÉN AS QUE REALIZOU ROQUE. MIRADE QUE ARTISTAS:






NON ME DIGADES QUE NON É UNHA MARABILLA OBSERVAR A CALIDADE DESTAS OBRAS DE ARTE E O ESMERO QUE LLE POÑEN. A MIN ME ENCANTAN!

TAMÉN DEIXO UNHAS ACTIVIDADES PARA QUE VOS DIVIRTADES E APRENDADES:




Las vocales, una ficha interactiva de SoniaAyL
liveworksheets.com

Completa con vocales, una ficha interactiva de Martascal
liveworksheets.com


TAMÉN DEIXO UNHA IDEA QUE ESTÁ MOI RELACIONADA COAS ACTIVIDADES DE HOXE E QUE ATOPEI NO BLOG DA PROFE AIDA E QUE NOS PODE SERVIR PARA AVANZAR (CON AXUDA) NO PROCESO LECTO-ESCRITOR. UNHA RODA DE PALABRAS QUE NOS PODE DAR MOITO XOGO.


XA ME CONTAREDES A VER QUE TAL. ATA MAÑÁN.

BOS DÍAS FORMIGAS, HOXE QUERO COMEZAR ESTA PUBLICACIÓN PARA COMUMICAR QUE A SEMANA QUE VEN PODEREDES PASAR POLO CENTRO A RECOLLER COUSAS VÓSAS COMO MANDILÓNS, MUDAS E MATERIAL FOTOCOPIABLE QUE NON POIDESTES RECOLLER NO COLE OU NON VOS FOI ENVIADO A TEMPO Á VÓSA CASA. É IMPORTANTE PASAR A RECOLLELO DEBIDO A TAREFAS DE DESINFECCIÓN QUE SE VAN A LEVAR A CABO UNHA VEZ FINALIZADO O CURSO (SOAMENTE NO QUE AS DATAS SE REFIRE).
POLAS ANOTACIÓNS QUE TEÑO, AS FORMIGAS QUE TEDES ALGO NA AULA SON:
- DAVID.
- SOFÍA.
- SABELA.
- MANUEL.
- ROQUE.
- IAGO.
- ARO.
-JULIA

SE QUEREDES AVISARME POR CORREO ELECTRÓNICO DO DÍA QUE QUEREDES VIR MELLOR, XA QUE NON DEBEMOS PROVOCAR PEQUENAS AGLOMERACIÓNS NOS CORREDORES. ESATAREI TODOS OS DÍAS DENDE AS 10:00 HORAS ATA AS 14:00 HORAS.

VOLTAREI POR AQUÍ MÁIS TARDE PARA DEIXARVOS UNHAS PEQUENAS TAREFAS, SAÚDOS.

miércoles, 17 de junio de 2020

BOS DÍAS FORMIGAS!!

HOXE MÉRCORES SIGUEN CHEGANDO AS OBRAS CREACIÓNS. HOXE IMOS ENSINAR AS OBRAS DE ARTE DE ARO E ROQUE (CON COMPAÑÍA DE LUXO EHH).





¿NON ME DIGADES QUE CALQUERA DESTAS OBRAS DE ARTE NON PODERÍAN COLGAR NA FERIA DE "ARCO" DE ARTE CONTEMPORÁNEA E CAUSAR SENSACIÓN?
COMO ME GUSTARÍA COMPARTIR CON VÓS MOMENTOS NA AULA, SENTIR AS GANAS QUE LLE POÑEDES A TODO O QUE FACEMOS E ESCOITAR ESE BARULLO DE FONDO DO RUXE RUXE DUN COLE CON NENOS! 
PERO ESTE CURSO FOI ASÍ, REINVENTÁNDONOS E TRABALLANDO DUN XEITO DIFERENTE. VOLVEREMOS A ESTAR XUNTOS E XA VOS DIGO EU QUE CON MOITAS GANAS.

A CONTINUACIÓN DEIXO AS ACTVIDADES PARA HOXE:







Frutas y alimentos del verano, una ficha interactiva de Miriambenito1
liveworksheets.com


TAMÉN DEIXO O CONTO RECOMENDADO PARA HOXE, AGARDO QUE VOS GUSTE.


E POR HOXE NADA MÁIS FORMIGAS, UN BICO ENORME E ATA MAÑÁN.

martes, 16 de junio de 2020

BOS DÍAS FORMIGAS!!

HOXE MARTES XA VAN CHEGANDO MÁIS OBRAS DE FORMIGAS ARTISTAS. TRABALLARON Á REO NAS SÚAS OBRAS, AQUÍ AS TEDES:

MIRADE AS OBRAS DE ARTE DE DANIEL, SABELA E BLANCA.






NON ME DIGAIS QUE A ARTE NO É UNHA EXPRESIÓN DA CREATIVIDADE DE CADA UN. E TODOS A TEMOS E SOAMENTE DEBEMOS DEIXAR QUE SAIA.

AQUÍ VOS DEIXO UNHAS ACTIVIDADES PARA HOXE:





Vocal E, una ficha interactiva de penelope_izquierdo
liveworksheets.com






Cuenta y selecciona, una ficha interactiva de ArantzaNavalagamella
liveworksheets.com


E ATA AQUÍ POR HOXE FORMIGAS. BICOS E ATAMAÑÁN.