miércoles, 16 de diciembre de 2020

 BOS DÍAS, ESTE SEMANA ESTAMOS A VER NA AULA TODO O TRABALLO QUE TODOS OS NENOS/AS DO COLE ESTAMOS A FACER EM RELACIÓN AO PROXECTO DE CENTRO (O CAMBIO CLIMÁTICO).

ONTE TODO O COLE PUIDO VER O QUE FIXERON AS FORMIGAS, ASÍ QUE XA O DEIXO POR AQUÍ PARA QUE POIDADES VER TODO O QUE ESTAMOS A APRENDER CO PROXECTO DE CENTRO DE ESTE CURSO.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE MOITO.

ATA OUTRA.



viernes, 13 de noviembre de 2020

 BOS DÍAS FORMIGAS:

XA ESTAMOS A VENRES, REMATANDO A SEMANA. XA VIN QUE ALGÚNS DE VÓS  TEDES A VÓSA BOLBORETA REMATADA, QUE GUSTO VER QUE SODES TAN TRABALLADORES E QUE DESFRUTADES FACENDO COUSAS COMA ESTA. ESTOU DESEXANDO VELAS NA CLASE E QUE ME CONTEDES TODO O PROCESO.

HOXE QUERO ADICAR UNHAS ACTIVIDADES ÁS ADIVIÑAS, NA AULA DAS FORMIGAS AS EMPREGAMOS MOITAS VECES NO MEDIO DA SESIÓN PARA DAR COHERENCIA AO TRABALLO QUE IMOS A FACER E PORQUE RESULTA UNHA MANEIRA FANTÁSTICA DE FOMENTAR A ESCOITA ACTIVA E A REFLEXIÓN E PENSAMENTO LÓXICO. NON SEMPRE DAMOS COA SOLUCIÓN PERO A TRAVÉS DE PISTAS CHEGAMOS A ADIVIÑAR SEMPRE. 

É IMPORTANTE FAMILIARIZARSE CON DIFERENTES FORMAS DE EXPRESIÓN NA QUE O EMISOR FAGA PENSAR AO RECEPTOR NUNHA SOLUCIÓN A TRAVÉS DUNHA LINGUAXE DIFERENTE COMO SON AS ADIVIÑAS, OS XOGOS DE PISTAS, ETC.

PROBADE A FACER ESTAS ADIVIÑAS CON ELES E, SE QUEREDES, PODEDES INVENTAR OUTRAS A APRENDELAS PARA PODER ADIVIÑALAS NA CLASE.


Adivinanzas, una ficha interactiva de MiriamGA20
liveworksheets.com
Adivinanza, una ficha interactiva de Mariajose_86
liveworksheets.com
Adivina, adivinanza 2, una ficha interactiva de Mian
liveworksheets.com

SE LEMBRADES ONTE FALAMOS MOITO DAS CORES E FIXESTES MOITAS COUSAS CON ELES. POIS HOXE, IMOS A ESCOITAR E VER UN CONTO QUE TEN QUE VER MOITO COAS CORES E A DIVERSIDADE, ESA QUE NOS FAI ACEPTAR QUE TODOS SOMOS DIFERENTES E IGUAIS AO MESMO TEMPO, SEN IMPORTAR A APARIENCIA FÍSICA OU A NÓSA FORMA DE PENSAR.
AQUÍ VOS DEIXO O CONTO DE ELMER E UNHA ACTIVIDADE NA QUE ELMER E AS CORES SE XUNTAN. QUE VOS DIVIRTADES.






Decora a Elmer, una ficha interactiva de aprendeyjuega
liveworksheets.com


ATA O LUNS FORMIGAS, UN BICO!!

jueves, 12 de noviembre de 2020

 BOS DÍAS FORMIGAS, FELIZ XOVES.

HOXE IMOS ADICAR ESTA ENTRADA NO BLOG ÁS CORES. IMOS A FACELO DE VARIAS FORMAS NA QUE TAMÉN TRABALLAREMOS OUTRAS HABILIDADES E ASPECTOS IMPORTANTES DA ETAPA EDUCATIVA NA QUE NOS ATOPAMOS.

AS CORES DAN MOITO XOGO XA QUE A TODOS NOS GUSTAN E FORMAN PARTE DE TODO O QUE NOS RODEA. DE FEITO PODEN CONTRBUIR A UN ESTADO DE ÁNIMO OU OUTRO E PODEMOS CONSEGUIR ESTADOS DE CALMA OU ENERXÍA COAS CORES A TRAVÉS DA CHAMADA COLORTERAPIA.

AS CORES NON TEÑEN SEXO NIN VALORES ASOCIADOS A IDENTIDADE DE XÉNERO, DEBEMOS DESTERRAR A IDEA DE ESTEREOTIPAR CORES E ASOCIALOS A DETERMINADOS SEXOS OU LIMITAR ACTIVIDADES RELACIONADAS CON CORES QUE POR NORMAS TRADICIONAIS SE ASOCIABAN A DETERMINADO SEXO. AS CORES SON DIVERSIÓN PINTEMOS ONDE PINTEMOS, SON LUZ, SON ENERXÍA, SON ESTADOS DE ÁNIMO, SON COMUNICACIÓN; POLO QUE NUNCA DEBEMOS DIRIXIR NIN LIMITAR A CREATIVIDADE CON ESTEREOTIPOS QUE TODOS DEBEMOS IR SUPERANDO.

IMOS COMEZAR CUNHA ACTIVIDADE USANDO AS CORES PARA TRABALLAR A ORIENTACIÓN ESPACIAL, ASPECTO MOI IMPORTANTE NESTA ETAPA, XA QUE A CONCIENCIA DO ESPACIO SUPÓN SABER MANEXARSE NEL E USALO AO SEU GUSTO.



NA SEGUINTE ACTIVIDADE IMOS USAR A ORIENTACIÓN ESPACIAL PARA DISTRIBUIR CORES SEGUINDO UN PATRÓN, QUE NESTE CASO SERÁ POR FORMA E COR NA SEGUINTE TÁBOA:



NESTA VINCEIRA ACTIVIDADE TAMÉN IMOS USAR AS CORES E A ORIENTACIÓN ESPACIAL SEGUINDO UN PATRÓN DE COR E FORMA PARA COMPLETAR UNHA BOLBORETA, E QUE PODE SERVIRNOS DE IDEA PARA ELABORAR A QUE MENCIONAMOS NA ACTIVIDADE DE ONTE PARA CONMEMORAR O 25 DE NOVEMBRO.

Figura, una ficha interactiva de COLEGIOGOLDENCOAST
liveworksheets.com

E POR ÚLTIMO, OS XOGOS QUE FAREMOS HOXE TAMÉN ESTÁN RELACIONADOS COAS CORES. NOS DOUS PRIMEIROS, USAREMOS AS CORES PARA TRABALLAR A LECTOESCRITURA A ASOCIAREMOS AS CORES COA GRAFÍA CORRESPONDENTE.
PODE QUE NOS LEVE UN POUCO DE TEMPO PERO NON IMPORTA.




ESTE DERRADEIRO XOGO, É UN REINTERPRETACIÓN DO XOGO DAS TOUPEIRAS PERO USANDO CORES COMO ELEMENTO MOTIVADOR. ESTADE BEN ATENTOS E A XOGAAAAAARRRR...




ATA MAÑÁN FORMIGAS, BICOS!!

miércoles, 11 de noviembre de 2020

 BOAS DE NOVO FORMIGAS, SE XA FIXESTES O CALENDARIO HOXE SABEREDES QUE É MÉRCORES E ISO SIGNIFICA QUE QUEDA MENOS PARA PODER VERNOS DE NOVO.

HOXE IMOS ADICAR AS ACTIVIDADES A UN TEMA QUE A GUSTA MOITO NA AULA, OS MEDIOS DE TRANSPORTE.

TRABALLAREMOS CON ELES A DISTRIBUCIÓN ESPACIAL, A ATENCIÓN, O MOVEMENTO...MIRADE!!!!!!


¿Cuantos hay?, una ficha interactiva de cbotana
liveworksheets.com

O VINDEIRO 25 DE NOVEMBRO É O DÍA INTERNACIONAL PARA ELIMINAR A VIOLENCIA CONTRA A MULLER E DENDE O NÓSO COLE QUEREMOS COLABORAR ACTIVAMENTE NESTA CONMEMORACIÓN. OLLADE ESTE TEXTO QUE APARACE A CONTINUACIÓN:
 A PARTIR DESTA HISTORIA E O POSTERIOR TRABALLO DE INFOMACIÓN E TRATAMENTO DESA INFORMACIÓN, NACE UNHA ACTIVIDADE NA QUE CADA NENA/O DEBE FACER UNHA BOLBORETA COA TÉCNICA PLÁSTICA QUE DECIDA E QUE FORMARÁ PARTE DUNHA EXPOSICIÓN.
ESTA ACTIVIDADE XA SE ESTÁ A FACER DENTRO DAS AULAS PERO COMA A AULA DAS FORMIGAS ESTAMOS NA CASA, QUERO PROPOÑER QUE FAGADES ESTA ACTIVIDADE CON ELES E QUE DEIXEDES VOAR A IMAXINACIÓN E CREAR UNHA BOLBORETA QUE REPRESENTE A LIBERDADE DAS MULLERES E A NON VIOLENCIA POLO FEITO DE SER MULLER.

ESTES SON ALGÚNS EXEMPLOS :





REPITO QUE ESTES SOAMENTE SON EXEMPLOS E VÓS PODESDES CREAR UNHA COMPLETAMENTE DIFERENTE. O TRABALLO QUE FAGADES DEBEREDES MANDALO O VINDEIRO LUNS, CANDO NOS INCORPOREMOS AO COLE.

PARA REMATAR DEIXO UN XOGO DUN MEDIO DE TRANSPORTE QUE SEGURO QUE A ALGUNHA FORMIGA LLE GUSTARÁ FACER.



ATA MAÑÁN FORMIGAS, BICOS!!!


martes, 10 de noviembre de 2020

BOS DÍAS FORMIGAS, ¿QUÉ TAL FOI COAS ACTIVIDADES DE ONTE? AGARDO QUE FOSE DIVERTIDO E QUE BAILARADES MOITO.

HOXE TRAIO MÁIS, ASI QUE SEGUIREMOS CON XOGOS E ACTIVIDADES RELACIONADAS COA LECTOESCCRITURA, CONTOS E MÚSICA. 

COMEZAMOS CUNHA ACTIVIDADE QUE XA TEMOS FEITO NA CLASE CON FROITOS E COUSAS DO OUTONO, PERO NESTE CASO SERÁN MEDIOS DE TRANSPORTE. SON PUZZLES QUE AXUDAN A ORGANIZAR ESTRUCTURAS LÓXICAS E AVANZAR NO PROCESO LECTOR.

Robavocales, una ficha interactiva de soniaporto
liveworksheets.com

A VECES OS XOGOS DE TODA A VIDA SEGUEN TENDO ALGO QUE NOS GUSTA E ESTE QUE DEIXO A CONTINUACIÓN É UN DELES. É O CLÁSICO XOGO DO "AFORCADO" PARA QUE OS NENOS PRACTIQUEN A LECTOESCRITURA DUN XEITO DIVERTIDO. NA CLASE XA TEMOS XOGADO UN PAR DE VECES E GRAN GRUPO E FUNCIONOU. ESPERO QUE PASEDES UN BO ANACO CON ÉL.



OUTRO DOS CONTOS QUE MÁIS NOS GUSTA DOS QUE LEVAMOS LIDOS NO COLE É COCORICO. UNHA FERMOSA HISTORIA QUE LLES ENCANTA DRAMATIZAR E QUE NOS ENCANTA ESCOITAR. POR ESTES MOTIVOS AQUÍ O DEIXO PARA QUE O ESCOITEDES PERO TAMÉN PARA QUE O BAILEDES, QUE O BAILE O CURATIVO DE MOITOS MALES E NOS DEIXA COMO NOVOS/AS.





E CON ESTO NOS DESPEDIMOS ATA MAÑÁN FORMIGAS

MOITOS BICOS


lunes, 9 de noviembre de 2020

 BOS DÍAS FORMIGAS, QUEDA MENOS PARA VOLTAR A ESTAR XUNTOS XA QUE AS BOAS NÓVAS VAN CHEGANDO.

MENTRAS TANTO IMOS A TRABALLAR CON XOGOS E FICHAS RELACIONADAS COS LECTOESCRITURA PARA SEGUIR ESE RITMO TAN BO DE TRABALLO QUE TIÑAMOS NA AULA. NON ESQUEZADES QUE TRABALLAMOS COAS LETRAS MAIÚSCULAS, PERO QUE PODEMOS IR IDENTIFICANDO TAMÉN AS MINÚSCULAS.



COMO XA LLE ADICAMOS UN BO ANACO Á LECTOESCRITURA, IMOS FACER UNS XOGOS RELACIONADOS COA LÓXICO-MATEMÁTICA, IDENTIFICANDO NÚMEROS E XOGANDO CON ELES.DALLE DURO!!!



E PARA DESPEDIRNOS POR HOXE AQUÍ DEIXO UN DOS CONTOS QUE MÁIS NOS GUSTA CONTAR, VER, CANTAR E BAILAR NA CLASE. 


A AGORA TOCA BAILAR!!



ATA MAÑÁN FORMIGAS. MOITOS BICOS!!



viernes, 6 de noviembre de 2020

BOS DÍAS, CHEGAMOS A VENRES E CONTINUAMOS DEIXANDO POR AQUÍ RECURSOS PARA QUE POIDADES FACER NA CASA E SEGUIR DIVERTÍNDOVOS.

TODOS OS CALENDARIOS QUE FAGADES EN FORMATO PAPEL PODEDES GARDALOS E MANDALOS AO COLE CANDO VOLTEMOS Á "NORMALIDADE", ASÍ EXPOÑÉMOLOS NA ASAMBLEA E GARDÁMOLOS NO CASILLEIRO.


¡Ya llega el otoño!, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com
Otoño, una ficha interactiva de COLEGIOGOLDENCOAST
liveworksheets.com




AGARDO QUE PASEDES UN BO ANACO XOGANDO SÓS OU EN BOA COMPAÑIA.


BICOS PARA TODOS